Ir al contenido principal

Entradas

PROGRAMA "COIDAR AO QUE COIDA"

Hoxe é 2 de abril e queremos informaros dun novo programa que imos a poñer en práctica este mes de abril, facémolo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especia, ten formación en evaluación de TEA e máis de 10 anos de experiencia en intervención con nenos con Trastorno do espectro autista, esta vez non se trata de algo para os rapaces e rapazas con TEA, se non algo para nós, as nais e pais que necesitamos ter un rede de apoio moitas veces para poder seguir loitando polos dereitos das nosas fillas e fillos e que agotanos bastante no dia a dia, o programa chámase " Coidar ao que Coida". Realizaráse un sábado ao mes de 11:30 a 13:30 mentras se fan as actividades de ocio cos rapaces que temos inscritos, e se algunha familia ten necesidade de traer aos seus fillos, poderían quedar cos monitores, sempre avisando con antelación.  Este grupo de apoio ás familias forma parte do Programa de Atención Sociofamiliar da F ederación Autis...

Resumo do ano 2022

Dende a asociación Capaces queremos desexarvos unha boa entrada de ano e que no 2023 se fagan realidade todo os vosos desexos, ou polo menos a maioría. Queremos deixarvos un video resumindo a actividade feita dende a asociación neste ano que termina. Foron tres programas de ocio, vida independente e actividades medioambientais, ademáis da formación que sempre temos e de traballar en rede coa Rede Lucense de Voluntariado. Esperamos que vos guste e agradecemos a todas as institucións que o fan posible e a aportación das familias socias e non socias de Capaces Lugo.

Parabens para Hugo e Bo Nadal a tod@s!

  Hugo de 8 anos é o ganador este primeiro ano que dende Autismo España fixeron o concurso de postais de nadal, o que máis nos gusta, además do deseño é o texto enviado por él e a súa familia que vos pasamos a continuación: “Mi nombre es Hugo, tengo 8 años y mis deseos para estas Fiestas y para el nuevo año son que se me incluya en todas las actividades en las que puedo participar, que la sociedad me entienda y que mi comprensión del mundo no dependa sólo de la voluntad de las personas. Por eso mi postal es azul, mi familia es azul y me gustaría que ese azul se reflejara en los hogares navideños de estas Fiestas”.   Bo Nadal para tod@s!

Programa de educación medioambiental para persoas con diversidade funcional ano 2022

  Durante os meses de outubro e novembro puidemos levar a cabo un programa de educación medioambiental para persoas con diversidade funcional na Reserva da Biosfera Terras do Miño gracias a unha subvención concedida pola Excma. Deputación de Lugo. Fixemos dous obradoiros de refugallo, dúas búsquedas de basuraleza polo río Rato, un roteiro medioambiental de eliminación de especies invasoras polas lagoas de Cospeito e na zona da Lagoa de Rábade e adaptamos unha senda peonil tamén en Rábade. Todo gracias a dita subvención otorgada dende a Área de medioambente da Deputación de Lugo. Aqui van algunhas fotos.

XORNADA FORMATIVA: COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO

  O vindeiro  sábado 26 de novembro  temos a xornada formativa " COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO" , será impartida pola relatora Marlene Horna , Psicóloga colexiada, especialidade clínica e social. Máster en Atención temperá. Diploma de estudos avanzados. Dende hai máis de 15 anos traballa apoiando a nenas/os e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R da asociación ASPANAES e, na actualidade traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade...). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universiades. Destinatarios : Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias d...

DÍA DE MAXIA 23 DE ABRIL

 O Vindeiro sábado 23 de abril contaremos cunha actuación de Maxia a cargo do Mago Rafa, trátase dun programa que realiza grazas a Fundación Abra Cadabra Magos solidarios e ao patrocinio de Inditex. Poderemos gozar dunha sesión magnífica e totalmente de balde do grande Mago Rafa, co que xa colaboramos en outras ocasións. Agradecemos moito a súa labor e que nos tivera en conta para ofrecernos o seu espectáculo solidario. Será no centro de convivencia María Balteira as 12 da mañá.  Imolo pasar en grande!!!

2 DE ABRIL 2022: UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

  O #2abril é o #DiaMundialAutismo . Desde o movemento asociativo do #autismo en España reclamamos o dereito das persoas con #TEA a gozar de "Unha feliz viaxe pola vida", cunha boa #calidaddevida e os apoios necesarios en cada etapa vital https://diamundialautismo.com/